CURSO OFICIAL AUTONÓMICO NIVEL 2 DE TRIATLÓN

xuices fegatri

12 de Xaneiro de 2022

 

A  Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno a través do seu Comité Galego de Xuíces e Oficiais e dentro das actividades formativas previstas para 2022, celebrará  o próximo mes de xaneiroun curso de Oficial Nivel 2 de Tríatlon o próximo 30 de xaneiro de 2022

1. OBXECTIVOS

  • Especialización en labores de xuíz árbitro e Responsable de oficiais en competición autonómica
  • Paso previo para aspirar ao curso de Oficial  WORLD TRIATHLON Nivel 1 
  • Entender a importancia do papel dos  xuíces e oficiais en  triatlón
  • Ter amplos cocoñecementos do regulamento de competicións
  • Ter capacidade para redactar os informes das competicións
  • Ter capacidade de organizar e distribuir  oficiais
  • Coñecer e saber aplicar os coñecementos e protocolos de publicación de sancións e resultados
  • Capacidade de formación en áreas concretas nos cursos de formación de Oficiais FETRI Nivel 1
  • Previo curso de especialización, capacidade para realizar funcións  de Delegado Técnico en competicións autonómicas

2. TEMARIO

Revisión Regulamento de Competicións 1 hora
Xuíz Árbitro 1,5 horas
Responsable de Oficiais 1,5 horas
Introdución á  figura de Delegado Técnico 1 hora

Total, fase teórica 5 horas

3. AVALIACIÓN

A FETRI, a través do Comité de Jueces y Oficiales, pode enviar un traballo teórico de evaluación autonómica. O resultado da avaliación,  outorgará ao/á aspirante a condición de APTO o NON APTO.

4. PERIODO DE PRÁCTICAS

Prácticas en 2 competicións,  sempre que se teña superado a fase teórica, baixo a supervisión dun titor/a asignado polo/a Jefe/a de Estudos para cada competición, e que ao final calificará ao/á alumno/a como APTO o NO APTO. Unha das prácticas será como asistente de Xuíz Arbitro, mentras que a outra como asistente de Responsable de Oficiais. As prácticas non serán remuneradas.

Total, fase práctica 12 horas

5. EMISIÓN DO TÍTULO

Superada a fase teórica e práctica aboarase a cota establecida do curso de 40 euros para a emisión da correspondente titulación

5. REQUISITOS

Para poder optar á categoría de Oficial FETRI Nivel 2, debense cumplir os seguintes requisitos:

  • Ter categoría de Oficial FETRI Nivel 1 ao menos durante dúas tempadas anteriores á realización do curso
  • Certificar ao menos 12 competicións como Oficial FETRI Nivel 1 (non computan as actuacións en prácticas), sempre e cando ao menos a metade se realizasen no ano que se aspira a esta categoría
  • Ser proposto pola Federación Autonómica para promocionar a esta categoría.
  • No estar suxeito a ningún proceso disciplinario do seu Comité Autonómico o Nacional.
  • Figurar na base de datos de certificación da FETRI como que pode promocionar a esa categoría no aoo solicitado para facelo, dado que, no momento de revisar as actas de formación, se comprobará que podía promocionar nise ano. De non ser así non se lle considerará apto. https://triatlon.org

 

 

Quizáis che interese…

Dúatlon de Reis 2022

Dúatlon de Reis 2022

👟 DÚATLON DE REIS (Clasificacións oficiais xa dispoñibles) A duatleta do Tríatlon Ferrol María del...