Dúatlon de Reis 2022

dúatlon de reis

15 de Xaneiro de 2022

👟 DÚATLON DE REIS (Clasificacións oficiais xa dispoñibles)

A duatleta do Tríatlon Ferrol María del Mar Delgado acadou a victoria na proba feminina, por diante de Cecilia Abal e María José Martínez do Tríatlon Ferrol.

mar delgado

Foto do Instagram de María del Mar Delgado

 

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de Mar Delgado (@m_mardelgado)

Na proba masculina o triunfo foi para Alexandre Otero despóis da descalificación de Gabriel Castiñeira (Tríatlon Costa da Morte), por diante de Daniel Gómez (Tríatlon Ferrol) e Marcos Mayo (Tríatlon O Treito).

Na proba de relevos a victoria foi para David Pérez e Uxío Canosa na categoría masculina Maruxa Gemperle e Sabela Míguens na categoría Feminina e María Toba Suárez e Ramiro González na categoría de relevo mixto.

Dúatlon Cros vimianzo

 

Tamén celebramos a primeira proba do ano no Circuito Mozo onde os duatletas do Tríatlon InforHouse de Santiago Ainoa Gontán e Brais Picón acadaron a victoria conseguindo os puntos necesarios para que o seu equipo o Tríatlon Inforhouse de Santiago acadase a victoria final por equipos, por diante do AD Fogar e Tríatlon Ferrol.

duatlon cros de reis circuito mozo

Foto do Facebook do Duatlón de Reis Concello de Vimianzo

circuito mozo duatlon de reis feminina

Foto do Facebook do Duatlón de Reis Concello de Vimianzo

________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________

O 29 de Decembro tivo lugar a presentación oficial do Dúatlon de Reis do Concello de Vimianzo que se celebra este domingo 9 de Xaneiro.

🏃‍♀️🚴 227 inscritos nas 3 probas que os organizadores teñen preparadas para que a primeira proba do ano sexa todo un éxito.

Circuito Mozo, probas individual masculina e feminina e unha proba de relevos.

Xa podes consultar as reunións técnicas das diferentes probas así como a listaxe definitiva de inscritos na nosa sección de eventos -> DÚATLON CROS DE REIS

Duatlon de Reis Concello de Vimianzo

Foto do Correo da Costa da Morta

👉 Ao acto asistiron a alcaldesa de Vimianzo, o Concelleiro de Deportes, e o presidente da Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno, e outras personalidades.

Duatlon de Reis Presentacion

🥇Os Campións do Circuíto Galego, Marcos Mayo Figueira e Ana Vilas, xunto cos Campións Galegos Mar Delgado e Gabriel Castiñeira Pais, recibiron un recoñecemento aos seus éxitos deportivos no ano 2021.

Todavía podes anotarte nas probas individuaisprobas individuais, na proba de relevos e no Circuito Mozo.

Moita sorte a todos os dúatletas e sempre con sentidiño. Vémonos o domingo no Concello de Vimianzo.

Quizáis che interese…