Desafío Islas Cíes. Campionato Xunta de Galicia de Media Distancia

desafio islas cies cristobal dios

17 de Setembro de 2021

O domingo 19 de Setembro vémonos na Praia do Vao en Vigo para a disputa, un ano máis, do 8º Desafío Islas Cíes. Este ano ademáis, Campionato Xunta de Galicia de Media Distancia.

desafio islas cies

Con 1900 metros de natación en dúas voltas na praia do Vao, 70 kilómetros de bicicleta no drafting, nun recorrido de 22 kilómetros con 3 voltas ata o Paseo da Ramallosa e 21.150 metros de carreira a pé. Máis información dos recorridos na reunión técnica da páxina do evento.

Recordamos a todos os participantes que é obrigatorio entregar firmado o documento de responsabilidade individual COVID19 para acceso a sede da proba. Podes descargalo a través do seguinte enlace, así como o documento de responsabilidade para o organizador do evento.

331 participantes sairán a partir das 8:00 da mañá do domingo 19 de Setembro en saídas de 2 deportistas cada 5″, sendo os dous primeros Cristobal Dios do Tripenta Terras de Lugo e Xacobo Crego do Jealsa Tríatlon Boiro.

ORDEN DE SAÍDAS

Moita sorte a todos os participantes. 💪💪💪

 

 

 

78 / 100

Quizáis che interese…