DIEGO PAZ, CAMPIÓN DE ESPAÑA DE TRÍATLON CROSS

14 de Outubro de 2015

Diego Paz (Arcade Inforhouse) proclamouse o luns 12 de outubro campión de España de Tríatlon Cross en Castro Urdiales.

As condicións climatolóxicas obrigaron á organización a retrasar o inicio das probas elite e a realizar o percorrido na distancia sprint. O galego Diego Paz estivo sempre entre os primeiros clasificados e así logrou a vitoria na carreira a pe nunha emocionante proba. Diego Paz proclamouse campión de España cun tempo de 36:48, mentres que prata foi Alberto González (37:10) e bronce, Ángel Salamanca (37:13).

Durante a fin de semana tamén se celebrou o Campionato de España e de Europa de Duatlón Cross, coa participación de Brais Misa (Atletismo Porriño), que rematou na vixésima posición no Europeo.

Resultados

Quizáis che interese…

Política de cookies

Este sitio web usa cookies para que lle poidamos ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volve ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web lle resultan máis interesantes e útiles.