UXÍO ABUÍN DESPEDIRÁ A TEMPADA PARTICIPANDO NA COPA DO MUNDO DE ALANYA

15 de Outubro de 2015

O galego Uxío Abuín despedirá a tempada esta fin de semana participando na Copa do Mundo de Alanya (Turquía). O deportista galego fixo unha magnífica tempada con varios triunfos en Copas de Europa (Madrid, Rumanía) e o triunfo no circuíto, tras rematar na segunda posición na Gran Final disputada en Sochi (Rusia).

 

A proba elite masculina celebrarase o domingo 18 de outubro a partir das 14:00 horas. A Copa do Mundo de Turquía disputarase sobre a distancia olímpica: 1.500 metros de natación, 40 quilómetros de bicicleta e 10 quilómetros de carreira a pe.

 

Na lista de deportistas inscritos hai xente importante coma Joao Pereira ou Dimitry Poliansky, pero sen esquecer a Uxío, Nan Oliveras ou Cesc Godoy, polo que se espera unha boa e disputada proba.

 

Quizáis che interese…

Montreal

Montreal

Montreal acolle unha nova cita das Series Mundiais e o Campionato do Mundo Junior de Tríatlon....