Dous galegos en liza na Copa do Mundo de New Plymouth

28 de Marzo de 2019

A cidade neozelandesa de New Plymouth acollerá o próximo 31 de marzo a Copa do Mundo Tríatlon que se disputará sobre distancia Sprint.
Na illa norte de Nova Zelanda teremos na liña de saída representación galega da man de Javier Gómez Noya e de Antonio Serrat.

Dende a gran final de Rotterdam en setembro do 2017, Gómez Noya non participaba nunha proba ITU. Volve a New Plymouth, dónde xa sabe o que é gañar, pois venciu na edición do 2008. O obxetivo do ferrolán é testearse de cara ao regreso as series mundiais na próxima cita de Bermuda o 27 de abril.

Por outra banda teremos ao pontevedrés Antonio Serrat, que despois de acadar o trixésimo posto na copa do mundo de Mooloba, intentará seguir sumando experiencia nas probas de máximo nivel mundial e sumar puntos ITU, que lle permitan acceder a futuras competicións de primeiro nivel.

Ós nosos non lles poñerán as cousas fáciles xa que entre os participantes estará o recente vencedor da Copa do Mundo de Mooloba, o canadiense Tyler Mislawchucke e duas grandes promesas do tríatlon mundial, os neozelandeses Sam Ward e Hayden Wilde. Tamén se espera a presencia de Richard Varga, un dos mellores nadadores do circuito mundial.


Foto: Omar González.


Foto: Facebook Javier Gómez Noya.

Horarios
Carreira femenina: sábado 30 de marzo ás 22:45 (hora española)

Carreria masculina: domingo 31 de marzo ás 01:15 (hora española)

No seguinte vídeo podes revivir a victoria do 2008 de Javi Gómez Noya





Quizáis che interese…