Marea galega de duatletas no Campionato de España de Dúatlon CRE e Relevos de Avilés

29 de Marzo de 2019

Avilés acollerá o 30 e o 31 de marzo o Campionato de España de Dúatlon Contrarreloxo por Equipos e o Campionato de España de Duatlón por Relevos.
Na localidade asturiana daranse cita tres mil duatletas chegados dende toda a xeografía española. A presencia galega nas dúas probas é notable xa que entre os inscritos podemos atopar nada máis e nada menos que quince clubes galegos.

A competición terá como centro neurálxico a Praza de España, dende dónde se dará saída ás diferentes probas e estará ubicada a meta, a praza do Centro Niemeyer acollerá a zona de transición. O sábado 30 disputarase o Campionato de España de Dúatlon Contrarreloxo por Equipos e o domingo 31 o Campionato de España de Dúatlon por Relevos.

Estes serán os clubes galegos presentes en Avilés:

-Club Cervería O Cotón Negreira
-Triatlón Muralla de Lugo
-Triatlón Boiro
-Nosportlimit
-Triatlón Arcade Inforhouse de Santiago
-Cidade de Lugo Fluvial
-Club Trialón Mar de Vigo
-Club Olímpico de Vedra
-Club Triatlón Ferrol
-A.D. Náutico de Narón
-A.D. Fogar
-Club Triatlón Compostela
-Trisada
-Artrogal-Tri 498
-A.D. Tripentas Terras de Lugo

Dende a Fegatri desexamoslle a todas e todos os galegos presentes en Avilés que desfruten da competición e volvan a Galicia cheos de éxitos.


Foto: FETRI

Quizáis che interese…

Dúatlon de Reis 2022

Dúatlon de Reis 2022

👟 DÚATLON DE REIS (Clasificacións oficiais xa dispoñibles) A duatleta do Tríatlon Ferrol María del...