Esta fin de semana comeza unha nova tempada de Dúatlon de estrada en Galicia coa celebración da IV Edición do Dúatlon Movéndonos por Poio, organizado polo Concello de Poio e o Tríatlon Poio. 250 duatletas estarán en Poio este sábado a partir das 15:00 horas coa saída masculina sen corte, para dar paso a proba masculina con corte ás 17:00 e a proba feminina ás 17:15 horas.
Recordamos a tod@s @s triatletas que xa temos dispoñible a reunión técnica da proba na nosa páxina web a través do seguinte enlace e tamén podedes consultar os dorsáis provisionais na páxina do evento.
Unha proba que segue crecendo e que seguro será do agrado de todos os participantes, como aconteceu o ano pasado coas victorias de Aída Valiño e Pablo Dapena. Os organizadores teñen preparado novos recorridos tanto na carreira a pé como no sector de bicicleta.
Moita sorte a todos os duatletas e vémonos mañá en Poio. 💪