EDYMAR BREA E ANTONIO SERRAT TRIUNFAN NO XV DÚATLON CIDADE DE SANTIAGO

18 de Marzo de 2017

Edymar Daniely Brea (Tri-Penta Terras de Lugo) e Antonio Serrat (Tri-Penta Terras de Lugo) proclamáronse hoxe gañadores do XV Duatlón Cidade de Santiago, cuarta proba do circuíto Galego de Dúatlon.

serratNa categoría masculina, Antonio Serrat parecía o claro favorito e o vigués non tivo rival. Dende o inicio, Serrat dominou a proba e así, foi en cabeza durante os tres segmentos, para chegou a meta en solitario cun tempo de 56:04. Por detrás, interesante loita pola segunda posición, que finalmente foi para Brais Canosa (Arcade Inforhouse) cun tempo de 58:37, mentres que Jaime González (Cidade de Lugo Fluvial) foi terceiro a poucos segundos (58:44).

BreaNa proba feminina, máis do mesmo. Edymar Brea xa marchou en solitario no primeiro sector e así seguiu en cabeza ata alcanzar a liña de meta cun tempo de 01:06:27. A emoción estaba por detrás, onde estaba en loita o resto das prazas do podio. Finalmente, Iria Rodríguez, do Arcade, logrou o segundo posto cun tempo de 01:09:30, mentres que terceira foi a súa compañeira de equipo Inés Castaño (01:09:57).

O Dúatlon Cidade de Santiago, que contou coa participación de 220 deportistas, celebrouse sobre a distancia sprint (5 quilómetros de carreira a pe, 20 de bicicleta e 2,5 de carreira).

O Circuíto Galego de Dúatlon de Estrada 2017 está formado por cinco   probas: Guitiriz, Cidade de Lugo, Riveira, Santiago e Arteixo. Está en  xogo a clasificación para o Galego de Dúatlon, que se celebrará en Vigo o 9 de abril. Cristina Torres (Mar de Vigo) e Manuel Ángel Penas (Tríatlon Arteixo) proclamáronse vencedores do XI Dúatlon Concello de Guitiriz, mentres que en Lugo gañaron Melina Alonso (Tríatlon Ferrol) e Andrés Cendán (Cidade de Lugo Fluvial). Ademais, Sara Guerrero (Náutico de Narón) e Brais Canosa (Arcade Inforhouse) proclamáronse vencedores do  Dúatlon Concello de Riveira.

Dúatlon Escolar. Pola mañá celebrouse o Dúatlon Escolar Cidade de Santiago, que contaba cunha inscrición de máis de 240  deportistas das categorías benxamín (75), infantil (73), alevín (57) e cadete (37). Esta proba é clasificatoria para o provincial.

Os gañadores nas diferentes categorías son:

  • Benxamín: Rebeca Teijeiro (Escola Javi Gómez Noya) e Damián Súarez (Natación Cedeira).
  • Alevín: Sabela Caneiro (Escola Javi Gómez Noya) e Brais Picón (Arcade Inforhouse)
  • Infantil: Lea Mota (Arcade Inforhouse) e Juan Pablo Díaz (Arcade Inforhouse)
  • Cadete: Víctor Bouzón (Olímpico de Vedra) e Aira Galbán (Arcade Inforhouse)

O programa de Dúatlon Escolar consta de cinco probas locais ou zonais (Fene, Mondoñedo, Lugo, Santiago e Maceda) nas que se clasifican os 25 mellores por categoría e sexo para as fases provinciais e aquí lograrán o pase ao Galego os 8 primeiros clasificados de cada categoría, ademais dos dous primeiros equipos por categoría e sexo. “Xogade” está desenvolvido pola Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, en colaboración coa Federación Galega de Tríatlon. No mes de febreiro tivo lugar a primeira proba, que se desenvolveu en Fene, e a comezos de marzo a de Mondoñedo.

 

 

 

 

Quizáis che interese…