CAMILA ALONSO E UXÍO ABUÍN DISPUTARÁN O DOMINGO 19 O CAMPIONATO IBEROAMERICANO EN MONTEVIDEO

16 de Marzo de 2017

Os galegos Camila Alonso (Tríatlon Ferrol) e Uxío Abuín (Olímpico de Vedra) disputarán o domingo 19 de marzo o Campionato Iberoamericano, que se celebrará en Montevideo (Uruguai).

Os dous galegos son os únicos convocados pola Federación Española de Tríatlon para esta competición, que se disputará sobre a distancia sprint, é dicir, 750  metros de natación, 20 de bicicleta e 5 de carreira a pe.

Está será a primeira proba importante da tempada para ambos, que viaxan coa intención de loitar polas primeiras posicións. Uxío, despois dun final de tempada excepcional, enfronta a nova campaña coas pilas cargadas e moitos ánimos. Hai uns días estivo un pouco tocado por gripe e algunhas molestias, pero regresou aos adestramentos o pasado día 7 de marzo. Pola súa banda, Camila fixo unha concentración de catro semanas en Mar de Pulpí co Grupo de Alto Rendemento do CGTD e viaxa con moitas gañas a esta proba, na que xa competiu e venceu o pasado ano na Habana.

 

 

 

Quizáis che interese…