EMOCIÓN, CARÁCTER E GRAN AMBIENTE NO CAMPIONATO GALEGO DE TRÍATLON DE CATEGORÍAS MENORES DE FERROL

29 de Xullo de 2017

Máis de trescentos deportistas de 22 clubs galegos participaron hoxe no Campionato Galego de Tríatlon de Categorías Menores, que se celebrou en Ferrol, nunha xornada con moitas emocións, carácter e gran ambiente. Na clasificación por equipos final (trala suma de todas as categorías) proclamouse campión galego o Cidade de Lugo Fluvial, con 762 puntos, mentres que segundo foi o Arcade Inforhouse (709) e terceiro, Tríatlon Ferrol (708).

A xornada comezou cun pouco de choiva que a medida que ían avanzando as probas foi desaparecendo, para permitir ao numeroso público asistente gozar coa magnífica actuación das e dos nosos triatletas das categorías benxamín, alevín, infantil e cadete, que loitaron ao máximo por acadar o título de campións galegos, tanto a nivel individual coma para os seus clubes. Unha fermosa xornada para ver en acción ao tríatlon galego do futuro.

Así os campións galegos nas diferentes categorías foron:

Benxamín feminino:

Individual: Inés Serantes (Natación Cedeira)

Equipos: Natación Cedeira

Benxamín masculino:

Individual: Damián Suárez (Natación Cedeira)

Equipos: A.D. Fogar

Alevín feminino: 

Individual: Victoria Ana Cons (Motobike Galaico Pontevedra)

Equipos: Arcade Inforhouse

Alevín masculino:

Individual: Iago Otero (Talleres David Tríatlon Compostela)

Equipos: Cidade de Lugo Fluvial

Infantil feminino:

Individual: Elsa Pena (Cidade de Lugo Fluvial)

Equipos: Cidade de Lugo Fluvial

Infantil masculino:

Individual: Juan Pablo Díaz (Arcade Inforhouse)

Equipos: A.D. Fogar

Cadete feminino:

Individual: Henar Diana Cons (Motobike Galaico Pontevedra)

Equipos: Náutico de Narón

Cadete masculino:

Individual: Jorge González (Natación Riveira)

Equipos: Cidade de Lugo Fluvial

 

Clasificación Galego de menores 2017

 

Quizáis che interese…