Durante a próxima tempada 2014, viviremos a primeira edición do Circuito Ibérico de Triatlón en Distancia Olímpica e Media Distancia, recalando a terceira proba na localidade galega de Tui. As negociacións foron iniciadas hai uns meses pola Federación Galega de Tríatlon cun empresario portugués e posteriormente involucrouse a Federación Española coa de Castela e León.
O circuíto constará de catro sedes repartidas entre España e Portugal ao longo dos meses de abril e agosto.
A primeira rolda discorrerá na cidade lusa de Ovar o domingo 13 de abril, para a continuación trasladarse a España, ao Lago de Sanabria na provincia de Zamora o 20 de xullo. Posteriormente, a seguinte proba recalará en Tui (Pontevedra) o 3 de agosto; para rematar o 31 dese mesmo mes, na localidade portuguesa de Viana Castelo.
O Campionato estará baixo a tutela da Federación Española de Triatlón (FETRI) e de Federación Portuguesa de Triatlón, e no caso da FETRI, tamén contará coa colaboración da Federación Galega de Tríatlon e a de Castela e León.