SUSPENSIÓN DA PROBA “AVIAMAN 2014”

8 de Xaneiro de 2014

O Club Beariz Triatlón anuncia a suspensión da proba “Aviaman 2014, IV Copa Deputación Ourense Tríatlon”, prevista para o 11 de Maio de 2014.

O motivo é a baixísima inscrición que existe a día de hoxe. Como queira que o Club non quere perxudicar a ningún deportistas e como para unha proba destas características precísase dunha preparación específica e con bastante tempo de antelación, tiveron que tomar a dololosa decisión de suspendela.

De acordo coa Federación, para ese mesmo día e lugar, o Club organizará unha proba sobre unha distancia de 1000-30-7,5, da que se dará no seu momento toda a información pertinente.

O Club Beariz Triatlón e a Federación Galega de Tríatlon e P.M. piden disculpas ás persoas inscritas para esta proba e de inmediato se lles devolverá a contía adiantada da inscrición.

Quizáis che interese…