Allariz acolleu entre os días 30 de marzo e 2 de abril o Encontro de Semana Santa, organizado pola Federación Galega de Tríatlon para rapaces e rapazas federadas das categorías alevín e infantil.
Vinte nenos e nenas participación nesta actividade, na que se traballou as diferentes modalidades do tríatlon. Os obxectivos principais desta actividade son o fomento da convivencia e o esparcimento e dar a posibilidade ós rapaces e rapazas de poder adestrar o noso deporte baixo as ordes dos técnicos da Federación. Ademais, durante os días do campus, os nenos recibiron as visitas de directivos da Federación Galega, que lles animaron a seguir traballando neste deporte.