ESTA FIN DE SEMANA CELEBRARASE O CAMPIONATO DE ESPAÑA DE DUATLÓN EN  SORIA CON MÁIS DE 1.200 DEPORTISTAS

9 de Abril de 2015

Esta fin de semana celebrarase en Soria o Campionato de España de Duatlón, no que a Federación Galega de Tríatlon contará cunha importante presenza, sobre todo nas categorías inferiores.

O sábado 11 de abril celebraranse as probas cadete, júnior paraduatlón e elite, mentres que o domingo será o momento dos grupos de idade. Máis de 1.200 deportistas disputarán o campionato.

Cadete. As probas cadete serán as primeiras en celebrarse sobre as distancias de 2,5 quilómetros de carreira a pe, 11,8 quilómetros de bicicleta e 1.250 metros de carreira a pe. Na categoría masculina (12:30 horas) están inscritos 198 deportistas dos cales 30 son galegos. O pasado ano, Andrés Cendán (Tríatlon Compostela) logrou en Avilés o subcampionato de España de Duatlón, pero este ano estará na categoría júnior

Na feminina (13:00) hai 95 deportistas inscritas das cales 11 son galegas. Esta tempada houbo unha importante renovación: Inés Santiago (Tríatlon Ferrol), que o pasado ano foi medalla de prata, xa é júnior, polo que competirá noutra proba

En Paraduatlón (13:45 horas) contaremos con Susana Rodríguez, que competirá na categoría TRi6-B, para deportistas con discapacidade visual. As distancias serán de 5 quilómetros de carreira a pe, 21,8 quilómetros de bicicleta e 2,5 de carreira a pe).

A proba júnior masculina comezará as 15:30 horas con 108 deportistas inscritos dos cales 14 son galegos. As distancias son: 5- 21,8- 2,5. Entre os nosos representantes hai deportistas con opcións como Alberto Castiñeira (Arcade Inforhouse), Andrés Cendán (Tríatlon Compostela) ou Carlos Brión (Natación Riveira). O pasado ano, o vigués Antonio Serrat logrou a medalla de prata.

Na categoría feminina júnior (15:32) hai corenta deportistas rexistradas das cales cinco son galegas. Entre as favoritas para facerse co título temos as deportistas do Tríatlon Ferrol  Carmen Gómez, Sara Guerrero e Inés Santiago.

Elite. A xornada completarase coa celebración das probas elite/sub 23. A proba feminina comezará ás 17:10 horas coa inscrición de 88 duatletas e varias galegas coma Camila Alonso (Tríatlon Ferrol), Diana Cotón (Arcade) ou Estefanía Domínguez (Cidade de Lugo), entre outras.

Na categoría masculina (18:40 horas) hai unha importante lista de espera na inscrición, ao encherse as 100 prazas dispoñibles. Sen embargo, contamos con poucos galegos. Brais Canosa (Arcade Inforhouse) ou Brais Misa (Atletismo Porriño) poden ser dúas das mellores opcións galegas. As distancias serán de 5 quilómetros de carreira a pe, 21,8 de bicicleta e 2,5 de carreira a pe. O pasado ano, non houbo medallas galegas na elite.

O domingo celebraranse as probas de grupos de idade, con 643 deportistas inscritos en total. No GGEE curto (10:45 h.) hai 230 inscritos e as distancias serán 10 quilómetros de carreira a pe, 38,4 de bicicleta e 5 de carreira a pe. No GGEE sprint (09:00 h.) hai 413 deportistas (323 homes e 90 mulleres) e terán que facer 5 quilómetros de carreira a pe, 19,8 de bicicleta e 2,5 de carreira a pe.

Quizáis che interese…

Oleiros é Tríatlon

Oleiros é Tríatlon

[Actualizado 13:00 01 de Junio de 2021] Xa temos os gañadores e as clasificacións do Tríatlon de...