ESPAÑA, CAMPIOA DO MUNDO SÉNIOR DE TRIATHLE CON CRISTÓBAL RODRÍGUEZ COMO LÍDER

23 de Setembro de 2017

España, con Cristóbal Rodríguez como líder, logrou hoxe en Viveiro o título de campión do mundo de Triathle por equipos, feito que non acadara nunca ata agora. O galego foi quinto na clasificación individual. Ademais, a galega Aroa Freije acadou o título de campioa do mundo júnior de Triathle. Foi na terceira xornada do Mundial que está a disputar nesta localidade lucense cando chegaron as mellores noticias para o péntatlon galego e español.

Na categoría sénior masculina proclamouse campión do mundo Pieter Oosthuizen (Sudáfrica), mentres que Cristóbal, quinto, foi o primeiro español, cunha boa actuación fronte ao seu público.

 Júnior. Aroa logrou a medalla facendo unha moi boa combinada, na que últimamente non se atopaba moi cómoda, polo que é un triunfo que lle vai a dar confianza cara ao futuro. Ademais o bronce foi para a española María Carnero. Na categoría masculina, Raúl Blanco quedou as beiras da medalla de bronce, facendo unha magnífica competición nunha proba na que había un nivel altísimo. O campión do mundo júnior é o checo Martin Vlach. Na clasificación de clubs masculinos, título para Sudáfrica.

En sub 19, triunfo para Kelly Anna Vroon (Sudáfrica) e Egor Gromadskii (Rusia).

En máster 40 feminino, título individual para a española Natalia Sánchez, con bronce tamén para outra española, Dolores Fernandez. Desta forma, na clasificación por equipos, España logrou o título. Na categoría masculina, triunfo para o italiano Emanuele Gambini, con bronce para o español Marcos Rodríguez. Na clasificación por equipos, título para España.

Máster 50. Nesta categoría, títulos para Francisco Carnero (España) e Denise Silk (Gran Bretaña), con unha medalla de bronce para Mar Iglesias (España). En ambos casos, triunfo para España na modalidade de equipos.

 Xornada matinal. Pola mañá celebráronse as finais das probas das categorías menores, coa excepción do sub 13 masculino e o sub 15 feminino, do que se celebraron semifinais (clasificáronse para a final da tarde os 16 mellores). E tamén tivo lugar a proba máster máis de 60 anos.

Desta forma, na categoría sub 11 masculina, proclamouse campión do mundo Joshua Eccles (Sudáfrica), mentres que na categoría feminina a vencedora foi Amber Fairón, tamén sudafricana. Na clasificación por equipos nestas categorías, logrou o título de campión do mundo Sudáfrica, mentres que España acadou a medalla de bronce na categoría masculina (con Héctor López, Leo Sánchez e o galego Manuel Cobas).

Na categoría sub 13 feminina, novo triunfo para unha deportista sudafricana. Nesta oportunidade, a vencedora foi Marné Campbell. En -15 masculino, logrou a vitoria Gran Bretaña, grazas a magnífica actuación do deportista Kiam Openshaw, co seu compatriota Sam Cobb na segunda posición e Ruard Van Renen (Sudáfrica) no terceiro posto. Na clasificación xeral por equipos, triunfo para Gran Bretaña, e medalla de bronce para España (con Diego Díaz, Enol Arias e Jano Arias).

Na categoría máster, de máis de 60 anos o título mundial foi para Stella Heyns (Sudáfrica) na categoría feminina e Johan Findt (Sudáfrica), na masculina.

Quizáis che interese…