ESPAÑA, CON ANDRÉS CENDÁN E CARMEN GÓMEZ, LOGRA O TÍTULO NOS RELEVOS MIXTOS CLASIFICATORIO DE WEERT

18 de Maio de 2014

Lugo, 18 de maio de 2014.Os galegos Carmen Gómez e Andrés Cendán despedíronse do Clasificatorio de Weert (Holanda) cun novo éxito. Onte participaron na proba de relevos mixtos xunto a Cecilia Santamaría e Alberto González representando a España e lograron o primeiro posto.

 

O certo foi que a proba ía encabezada polo equipo ruso, mentres que España ocupaba a segunda posición, pero unha caída na última posta dos rusos permitiu ao conxunto español entrar en meta na primeira posición con absoluta comodidade e ocupar o posto máis alto no podio.

 

Hai que recordar que onte Carmen Gómez logrou a súa clasificación para os próximos Xogos Olímpicos da Xuventude de Nangjing, tras rematar a proba na segunda praza e por diante de Cecilia Santamaría (España só pode clasificar a un deportista por categoría para estes Xogos, polo que era fundamental ser a primeira española). Precisamente este aspecto foi o que deixou fóra dos Xogos a Andrés Cendán, que por posto na proba tería dereito, pero ao quedar por detrás de Alberto González, non poderá acudir á cita de China no mes de agosto.

 

 

 

 

Quizáis che interese…