ESPECTACULAR TRIUNFO DE GÓMEZ NOYA NA PRIMEIRA PROBA DAS SERIES MUNDIAIS EN AUCKLAND

6 de Abril de 2014

O galego Javier Gómez Noya comezará a defensa do título mundial da mellor maneira posición: Cun triunfo en Auckland (Nova Zelandia) e amosando unha enorme superioridade sobre Jonathan Brownlee e o resto dos seus rivais. Fernando Alarza foi undécimo e Iván Raña, 24.

Na natación (1.500 metros na bahía de Auckland) non houbo moitas novidades e o eslovaco Richard Varga volveu ser o mellor, tal e como fai habitualmente. Iso si, con Javier e Jonathan a escasos segundos. E probablemente aquí estivo a clave da vitoria. Trala transición a carreira quedou dividida en dos grupos, con Mola, Raña e Alarza no segundo xunto a xente importante. Na bicicleta (40 quilómetros nun circuíto moi esixente), Gómez Noya asumiu responsabilidades e traballou arreo para ampliar as distancias e chegaron á segunda transición con case dous minutos de distancia, que foron decisivos.

Na carreira a pe repetiuse o duelo de Londres. Jonathan Brownlee e Javier Gómez Noya. A dúbida estaba en saber se o ferrolán pagaría o tremendo esforzo realizado no sector de bicicleta, pero Noya atópase nun momento espectacular de forma e estivo sempre ao fronte da carreira ata que logrou deixar atrás ao británico na última volta e chegou a meta en solitario.
Desta forma, Gómez Noya proclamouse gañador da primeira proba das Series Mundiais cun tempo de 01:54:13, mentres que Jonathan foi segundo (01:54:33) e o bronce recaeu en Aaron Royle (01:55:49).

Por detrás, Mario Mola e Fernando Alarza foron remontando posicións e finalmente Mola foi oitavo (01:56:36) e Fernando Alarza, undécimo a escasos segundos de Mola (01:56:49). Pola súa banda, Iván Raña, que volveu á disputa das Series Mundiais, logrou a 24ª posición.

Ao remata da proba, a quinta que gana en Auckland, Gómez Noya explicou que “foi outra gran carreira aquí, en Nova Zelandia. Sentinme moi ben todo o tempo: Na auga estiven moi cómodo, a bicicleta foi dura porque traballamos moi forte para manter a distancia sobre o segundo grupo e durante a carreira a pe intentei deixar atrás varias veces a Jonathan, que estaba moi forte, ata que o logrei na última volta, na que o din todo sen mirar atrás”.

Desta forma, Gómez Noya comeza a tempada como líder nas Series Mundiais, que este ano  está formado por oito probas: Auckland, Cidade do Cabo, Yokohama, Londres, Chicago, Hamburgo, Stockholm e Edmonton (a gran final).

www_triathlon_org_results_result_2014_itu_world_triathlon_au

Quizáis che interese…