ESTA FIN DE SEMANA CELEBRARASE A COPA DE EUROPA DE MADRID CON IVÁN RAÑA DE PROTAGONISTA

29 de Abril de 2016

Este domingo 1 de maio celebrarase a Copa de Europa de Madrid, coa presenza de varios deportistas galegos. A principal novidade da edición deste ano é que por vez primeira o percorrido de bicicleta e carreira a pe descorrerá polas rúas da capital. Ademais,o galego Iván Raña será homenaxeado polo tríatlon español.

 

Na proba masculina (13:05 horas) participarán varios galegos: Uxío Abuín (gañador da edición do 2015), Antonio Serrat, Diego Paz, Alberto Castiñeira, Andrés Cendán e Iván Raña. Raña foi invitado pola Federación Española de Tríatlon para participar nunha proba na que viviu importantes momentos e enfronta esta cita con moita emoción. O de Ordes está centrado actualmente na longa distancia, polo que será un regreso á distancia olímpica. Na categoría feminina (10:50 horas) non hai participación galega.

As distancias son de 1.500 metros de natación, 40 quilómetros de ciclismo e 10 de carreira a pe. A natación celebrarase no lago da Casa de Campo pero despois as e os deportistas sairán as rúas de Madrid e terán un circuíto precioso pasando por diante do Templo de Debod ou o Palacio Real, onde ademais se ubicará a meta. Ademais da Copa de Europa tamén se disputará o primeiro clasificación para o Campionato de España de Tríatlon e durante a xornada do sábado, o Tríatlon Popular de Madrid no que participarán preto de 1.200 deportistas de todas as idades.

Ano 2015. O galego Uxío Abuín (Tri Arteixo) logrou a vitoria na Copa de Europa de Madrid o pasado ano, no que foi o seu primeiro triunfo nunha Copa de Europa.

Quizáis che interese…