ESTA FIN DE SEMANA CELEBRARASE EN ÁGUILAS O CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRÍATLON POR CLUBS

10 de Setembro de 2015

Esta fin de semana (12 e 13 de setembro)  celebrarase en Águilas (Murcia) o Campionato de España de Tríatlon por Clubs de Primeira División, Segunda División e Promoción (ata o 2013 chamábase Liga Nacional de Clubs) coa participación de máis de cen equipos. O Arcade Inforhouse de Santiago defende o título na categoría masculina.

 

Na Primeira División, que se celebrará o domingo 13, haberá unha destacada presenza de clubs galegos. A proba feminina comezará ás 11:30 horas, coa participación do Cidade de Lugo Fluvial e o Arcade Inforhouse, representando ao tríatlon galego. A proba masculina, que comezará ás 13:00 horas, co Arcade Inforhouse loitando por repetir un ano máis a posición no máis alto do podio.

 

Cada entidade debe presentar un equipo formado por un mínimo de 8  deportistas e un máximo de 10 e puntúan todos os participantes. A proba disputarase sobre a distancia sprint (750 metros de natación – 20 quilómetros de bicicleta – 5 quilómetros de carreira a pe).

 

Segunda División e Promoción. Na segunda División, que se celebrará o domingo, estarán o Cidade de Lugo Fluvial na categoría masculina e o Tríatlon Ferrol, na feminina, que descenderon o pasado ano por non participar en todas as probas da Liga Nacional de Clubs. Os cinco primeiros logran o ascenso á Primeira. Na proba de promoción participará o Olímpico de Vedra, que tamén busca o cambio de categoría.

 

Resultados 2014. O Arcade Inforhouse logrou proclamarse en Santander campión de España de Tríatlon por Clubs de Primeira División na categoría masculina e bronce na feminina. Ademais hai que destacar o subcampionato do Cidade de Lugo Fluvial na categoría feminina.

 

Quizáis che interese…