ESTA FIN DE SEMANA CELEBRARASE NA CORUÑA O CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRIATLE E LASER-RUN

8 de Xuño de 2017

Esta fin de semana celebrarase na Coruña o Campionato de España de Tríatle (natación, carreira e tiro) e Laser-Run (carreira e tiro) para todas as categorías (dende benxamín a máster), cunha alta participación galega.

O sábado (a partir das 17:00 horas) celebrarase o Triatle, no que as e os participantes deberán facer a proba de natación e a combinada (carreira e tiro). A natación realizarase na dársena de A Mariña, mentres que a carreira e o tiro será na zona de O Parrote. En total participarán 24 galegos nesta proba. O Laser-Run, con 61 galegos inscritos, celebrarase o domingo a partir das 10:30 horas na mesma zona.

A participación neste campionato quedou minguada ao coincidir coa celebración das Copas de Europa de Portugal e Francia, pero hai que destacar a gran  participación galega, con deportistas que normalmente loitan polo podio e títulos nas súas respectivas categorías.

Quizáis che interese…