GUSTAVO RODRÍGUEZ, JOSELYN BREA E SALETA CASTRO, NO TRÍATLON DE ZARAUTZ

8 de Xuño de 2017

Gustavo Rodríguez (Tri-Penta Terras de Lugo), Saleta Castro (Cidade de Lugo Fluvial) e Joselyn Brea (Tri-Penta Terras de Lugo) son algúns dos favoritos a loitar polo triunfo o sábado 10 de xuño no XXXI Tríatlon de Zarautz, que reunirá a 650 participantes.

A proba feminina (14:00 horas) contará con deportistas de gran nivel, entre as que teremos a nosa galega Saleta Castro, que este ano foi quinta no Ironman de Lanzarote (a pesar de ter unha picada na bicicleta) e que acaba de acadar o título de campioa galega de tríatlon en Baiona. A deportista recoñece que lle encanta a proba de Zarauz, polo que vai competir aínda que non sexa a distancia que mellor lle vai. Ademais, tamén competirá Joselyn Brea, a pesar de que ela normalmente opta por distancias máis curtas.

Na categoría masculina, Gustavo Rodríguez parte como gran favorito, a pesar de que a natación é longa de máis (e o ciclismo máis curto do habitual). A pesar de todo, Gustavo, que está a facer unha tempada excepcional -campión de España en Pamplona e gañador en Bilbao-, aparece en todas as quinielas como candidato ao triunfo. Outros grandes triatletas con opcións a poñerlle as cousas complicadas a Gustavo son Miguel Ángel Fidalgo, Peru Alfaro ou Cesc Godoy.

As distancias son de 2.900 metros de natación (saída dende a praia de Getaria), 81 quilómetros de ciclismo e 20 de carreira a pe.

 

Quizáis che interese…