ESTA FIN DE SEMANA, CITA EN SAMIL

5 de Outubro de 2018

Este domingo 7 de outubro a praia de Samil en Vigo será o punto de encontro para o tríatlon galego coa celebración do I Acuatlón de Vigo e do I Tríatlon Depodesafío.

A actividade comezará coa celebración do I Acuatlón de Vigo (9:30 horas) no que participarán un total de 80 deportistas das categorías benxamín (100 m de natación / 500 metros de carreira a pé), alevín (200 metros de natación / 1.000 metros de carreira a pé), infantil (400 metros de natación/ 2 quilómetros de carreira a pé) e cadete (500 metros de natación / 3 quilómetros de carreira a pé). 

Posteriormente (11:00 horas) disputarase o I Tríatlon Depodesafío, última proba da primeira edición do DepoDesafío 2018 organizado pola Deputación de Pontevedra. Nesta proba, que se disputará sobre a distancia sprint, hai inscritos 165 triatletas. A saída, transición e meta estarán instaladas na praia de Samil. 

Quizáis che interese…