SARA CASTILLO E XOSÉ PÉREZ, GAÑADORES DO I TRÍATLON DE VIGO

7 de Outubro de 2018

Sara Castillo e Xosé Pérez Blanco proclamáronse hoxe gañadores do I Tríatlon de Vigo, última proba do DepoDesafío, organizado pola Deputación Provincial de Pontevedra.

Na categoría feminina a proba estivo bastante igualada entre María Lois, Mónica Mezquita e Sara Castillo, pero esta última foi a máis rápida no último segmento o que lle permitiu chegar a liña de meta cun tempo final de 1:22:22. A segunda posición foi para Mónica Mezquita (1:23:15) e o terceiro posto foi para María Lois (1:24:21).

Na categoría masculina tamén houbo moita igualdade e finalmente todo se decidiu nos últimos metros a favor do cadete Xosé Pérez Blanco que chegou na primeira posición cun tempo de 1:03:44. A só 7 segundos ocupou a segunda posición Gabriel Alarcón e terceiro foi Xoel Rodríguez (1:03:59).

Acuatlón. A actividade comezou co I Acuatlón de Vigo (9:30 horas) no que participaron un total de 80 deportistas das categorías benxamín, alevín, infantil  e cadete.  Nos documentos adxuntos tedes as clasificacións.

RESULTADOS04ClasificacinFinalCompleta

Clasificación acuatlon depo desafio

Quizáis che interese…