ESTE DOMINGO 12 DE OUTUBRO CELEBRARASE O SERTRI DE VIGO

10 de Outubro de 2014

O domingo 12 de outubro celebrarase en Vigo a proba do circuíto Sertri, organizado pola Federación Española de Tríatlon e a Cadena SER, coa colaboración da Federación Galega de Tríatlon. Vigo será á única localidade galega incluída neste circuíto.

A proba, que comezará ás 9 da mañá, conta con varias categorías e diferentes distancias, e hai inscritas unhas trescentas persoas. O circuíto descorrerá pola zona de Samil, e boa parte do percorrido é o mesmo que se utilizou no ano 2011 cando se celebrou en Vigo o campionato de España de Tríatlon. Ademais hai que destacar que se celebran tres probas kids (para os máis pequenos, a partir dos tres anos) que serán duatlóns. A continuación tedes as probas previstas coas súas distancias:

untitled

Quizáis che interese…

Abu Dhabi e Quarteira

Abu Dhabi e Quarteira

O venres comezaba unha fin de semana intensa seguindo os triatletas internacionais galegos....