ESTE DOMINGO 15 CELEBRARANSE OS NADA E CORRE DE VIGO E CARBALLO

13 de Xaneiro de 2017

O programa Nada e Corre do 2017 segue dando pasos. Este domingo 15 de xaneiro celebraranse as probas de Carballo e Vigo, clasificatorias para a final galega, cunha participación total de máis de 450 nenos e nenas.

15894515_1879884365631902_8394631451347123813_nO Nada e Corre de Carballo celebrarase no Complexo Deportivo de Carballo (a partir das 10:00 horas) coa participación de 250 deportistas das categorías prebenxamín, benxamín, alevín, infantil e cadete. Por outro lado, a proba de Vigo comezará as 09:30 horas no Complexo Deportivo de As Travesas coa participación de máis de 200 nenos e nenas.

Ese programa, que comezou no 2012 promovido pola Federación Galega de Tríatlon, está dedicado ás categorías prebenxamín, benxamín, alevín, infantil, cadete e paratriatlon e ten como obxecto traballar en inverno a natación, de forma moi especial, e a carreira, aspectos considerados fundamentais polos técnicos.

 Así o programa Nada e Corre da presente tempada, que se desenvolve entre os meses de decembro e febreiro, está formado por cinco probas clasificatorias zonais (Ortigueira –xa celebrada-, Ourense, Carballo, Vigo e Riveira) e unha final. A final terá lugar o día 11 de febreiro en Pontevedra  e para a mesma clasificaranse un total de 9 deportistas por categoría e sexo.

As distancias a realizar dependerán das categorías:

  • Prebenxamín: 25 metros de natación e 250 de carreira a pe.
  • Benxamín: 50 metros de natación e 500 de carreira a pe.
  • Alevín: 100 metros natación e 500 carreira a pe.
  • Infantil: 200 metros natación e 1.000 carreira a pe.
  • Cadete: 400 metros natación e 2.000 carreira a pe.

Quizáis che interese…