O 14 DE XANEIRO COMEZA A TEMPADA DO DÚATLON CROSS COA PROBA DE BEARIZ

13 de Xaneiro de 2017

Comeza a tempada de dúatlon cross coa celebración da primeira proba do circuíto galego. O sábado 14 de xaneiro (16:00 horas) terá lugar o IX Dúatlon Cross Concello de Beariz, no que están inscritos máis de 70 deportistas.

A proba celebrarase sobre a distancia sprint, polo que as e os participantes deberán realizar 6 quilómetros de carreira a pe, 21 en bicicleta de montaña e rematarán con 2,5 quilómetros a pe. Por terceiro ano consecutivo, o Dúatlon Cross de Beariz forma parte do Gran Premio Aviamán Cross (que está formado polas probas de Beariz, o cross de Boborás, que se disputará ao día seguinte, e o duatlón cross de Maside).

En 2016, Elpidio Gómez (licenza dun día) e María Martínez (Atletismo Porriño) proclamáronse gañadores da oitava edición do Duatlón Cross Concello de Beariz. Neste inicio de tempada é complicado falar de favoritos, pero si podemos destacar a presenza na lista de inscritos do gañador do pasado ano, Elpidio Gómez, Bruno Daniel Da Silva (Lamargha-Beariz Tríatlon) ou Javier Rodríguez (Tríatlon O Treito), mentres que nas chicas están María José Martínez (Club Ciclismo Tríatlon Poio) ou Lorena García (Mar de Vigo).

O Circuíto Galego de Duatlón Cross está formado por tres probas: Beariz, Maside e Candeán. Haberá clasificación xeral individual (masculina e feminina), júnior (m/f), veterán (m/f) e clubs (m/f) en cada unha das probas e tamén no circuíto.

Quizáis che interese…