O 15 DE XUÑO CELEBRARASE O PRIMEIRO CAMPIONATO GALEGO DE LONGA DISTANCIA

13 de Xuño de 2014

O domingo 15 de xuño (07:00 horas) celebrarase en As Pontes o primeiro Campionato Galego de Longa Distancia, que terá unha participación total de 408 deportistas.

Será a primeira vez que en Galicia se celebre un campionato destas distancias, xa que os participantes terán que facer 3,8 quilómetros de natación no Lago das Pontes, o lago artificial más grande de Europa. Posteriormente, tomarán a bicicleta para recorrer os 180 quilómetros da proba, que unirá as localidades de As Pontes e Vilalba. E rematarán cos 42,2 quilómetros de carreira a pe, no entorno do lago. Ao remate do día, coñeceremos aos primeiros campións galegos de tríatlon de longa distancia.

A proba comezará as 07:00 horas e o horario de entrega de trofeos está previsto para as nove da noite, aínda que as e os deportistas poderán chegar ata as 23:00 horas. Ao ser unha proba de tantas horas de duración, a organización dispuxo no entorno do lago actividades ludicas para as familias e os máis pequenos.

Quizáis che interese…

Política de cookies

Este sitio web usa cookies para que lle poidamos ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volve ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web lle resultan máis interesantes e útiles.