ESTE SÁBADO CELEBRARASE EN GONDOMAR A SEGUNDA PROBA LOCAL DO PROGRAMA “XOGADE” DE DUATLÓN ESCOLAR

20 de Marzo de 2014

Este sábado 20 de marzo (a partir das 16:30 horas) celebrarase en Gondomar a segunda proba local do programa “Xogade” de Duatlón Escolar. Nesta proba, clasificatoria para o provincial, están inscritos 70 deportistas.

A proba ten como punto de saída, boxes e meta os arredores do campo de fútbol de Gondomar (Avd. Don Diego Sarmiento de Acuña). No duatlón escolar as distancias son diferentes segundo a categoría. Desta forma, en benxamín –onde haberá 17 participantes- as e os deportistas correrán 500 metros, farán 2 quilómetros en bicicleta e correrán 250 metros; en alevín (17 rapaces) as distancias son de 1 quilómetro (carreira), 4 quilómetros de bici e 500 metros de carreira a pe; en infantil (19 participantes), 1,5 quilómetros de carreira,  6 quilómetros de bicicleta e 750 metros de carreira e, por último, en cadete (14 duatletas) son 2 quilómetros de carreira a pe, 8 quilómetros de bicicleta 1 quilómetro de carreira.

O programa está formado por sete probas locais que son clasificatorias para as provinciais, de onde sairán os participantes na final galega. Clasifican para a provincial os 25 primeiros clasificados de cada categoría (masculino e feminino), ademais dos dous primeiros equipos por categoría e sexo. “Xogade” está desenvolvido pola Secretaría Xeral para o Deporte, en colaboración coa FEGATRI.

Quizáis che interese…

Oleiros é Tríatlon

Oleiros é Tríatlon

[Actualizado 13:00 01 de Junio de 2021] Xa temos os gañadores e as clasificacións do Tríatlon de...