JAVI GÓMEZ NOYA, JESÚS GOMAR E FERNANDO ALARZA PARTICIPARÁN ESTA FIN DE SEMANA NA COPA DO MUNDO DE NEW PLYMOUTH

20 de Marzo de 2014

Javier Gómez Noya (Cidade de Lugo), Jesús Gomar (Cidade de Lugo) e Fernando Alarza (Tri-Penta Terras de Lugo) competirán o domingo 23 de marzo na Copa do Mundo de New Plymouth (Nova Zelandia), segunda proba da Copa do Mundo desta tempada.

Será a primeira proba do calendario ITU para o actual campión do mundo de tríatlon, Javier Gómez Noya, que leva un mes concentrado en Nova Zelandia. Ademais, Javi foi o vencedor da última Copa do Mundo que se celebrou en New Plymouth, no ano 2008. Para repetir triunfo deberá superar a homes moi importantes coma Mario Mola (gañador en Moololaba), Joao Silva, Sven Riederer ou Laurent Vidal.

E xunto a eles, Jesús Gomar, que leva varias semanas adestrando xunto a Gómez Noya, e Fernando Alarza (actualmente, membro do Grupo de Alto Rendemento do CGTD), que foi sétimo en Australia a semana pasada.

A Copa do Mundo de Nova Zelandia disputarase na madrugada do sábado ao domingo –ás 00:00 da madrugada a proba feminina e ás 02:00 a masculina, hora española- na  distancia sprint (750 metros de natación, 20 quilómetros de ciclismo e 5 de carreira a pé).

Quizáis che interese…

Galegos con maiúsculas

Galegos con maiúsculas

Antonio Serrat, Susana Rodríguez, Antonio Benito, Cidade de Lugo Fluvial, Pablo Dapena e as...