ÉXITO DE PARTICIPACIÓN E ORGANIZACIÓN NA FINAL GALEGA DE DÚATLON ESCOLAR QUE SE CELEBROU EN PORTOSÍN

10 de Maio de 2014

Case 200 deportistas das categorías benxamín, alevín, infantil e cadete participaron hoxe 10 de maio  na final galega de duatlón escolar do programa “Xogade”, que se celebrou en Portosín.

As probas comezaron ás 11:30 horas nun día perfecto para a disputa de probas deportivas, sen excesiva calor. Ademais, hai que destacar a magnífica organización e a inexistencia de accidentes durante toda a xornada.

As distancias son diferentes segundo a categoría. Desta forma, en benxamín as e os deportistas correrán 500 metros, farán 2 quilómetros en bicicleta e correrán 250 metros; en alevín as distancias son de 1 quilómetro (carreira), 4 quilómetros de bici e 500 metros de carreira a pe; en infantil 1,5 quilómetros de carreira, 6 quilómetros de bicicleta e 750 metros de carreira e, por último, en cadete son 2 quilómetros de carreira a pe, 8 quilómetros de bicicleta 1 quilómetro de carreira.

Os gañadores das probas son os seguintes:

Benxamín:

  1. Mercedes Vila (Tri-Penta Terras de Lugo) e Alejandro Rodríguez (Tríatlon Ferrol).
  2. Laura Alonso (Atletismo Porriño) e Nicolás Filloy (Arcade Inforhouse).
  3. Claudia Gámez (Tri-Penta Terras de Lugo) e Brais Picón (Dexter Compostela)

Club campión: Tri-Penta Terras de Lugo (feminino) e Atletismo Porriño (masculino)

Alevín:

  1. Cinthia Costas (Atletismo Porriño) e Martiño Iglesias (Dexter Compostela).
  2. Elsa Pena (Atletismo Porriño) e Andrés Prieto (Fogar da Xuventude).
  3. Nayeli Iglesias (Tríatlon Concello de Maside) e Esteban Basanta (Cidade de Lugo Fluvial).

Club campión: Atletismo Porriño (F) e Dexter Tríatlon (M)

Infantil:

  1. Raquel Ruíz (Tríatlon Ferrol) e Arturo Ramos (Dexter Compostela).
  2. Carmen Bello (Atletismo Porriño) e Daniel Ríos (Tríatlon Ferrol).
  3. Andrea Pérez (Mar de Vigo) e Abel José Fuentes (Tríatlon Ferrol).

Club campión: Mar de Vigo (F) e Tríatlon Ferrol (M).

Cadete:

  1. Rebeca Carnota (Fogar da Xuventude) e Pablo Muñoz (Dexter Compostela).
  2. Lorena Iglesias (Cidade de Lugo) e Marcos Ruiz (Tríatlon Ferrol).
  3. Cristina Torres (Mar de Vigo) e Alejandro Pardo (Fogar da Xuventude).

Club campión: Tríatlon Ferrol (F) e Fogar da Xuventude (M).

O programa está formado por 7 probas locais que eran clasificatorias para as provinciais, de onde saíron os participantes na final galega. Nas provinciais clasificaron para a final galega os 8 primeiros clasificados de cada categoría (masculino e feminino), ademais dos dous primeiros equipos por categoría e sexo. “Xogade” está desenvolvido pola Secretaría Xeral para o Deporte, en colaboración coa FEGATRI.

 

 

 

Quizáis che interese…