FERNANDO ALARZA, CUARTO NO EUROPEO DE TRÍATLON EN KITZBÜHEL

21 de Xuño de 2014

Despois das medallas de Susana Rodríguez (ouro) e Antonio Serrat (prata) chegaba o momento dos galegos que participarían na proba elite masculina: Fernando Alarza e Ricardo Hernández. Fernando estivo moi preto do podio, quedou na cuarta posición no Europeo de Tríatlon de Kitzbühel, mentres que Ricardo abandonou por un problema mecánico na bicicleta.

O tempo mellorou en Kitzbühel o cal puido apreciarse no feito de que os deportistas non utilizaron neopreno para nadar no lago Schwarzsee. Os primeiros en saír da auga foron os irmáns Polyanskiy e Alistair Brownlee, aínda que non había grandes distancias entre os participantes.

Ao saír da transición formouse un grupo de uns 25 deportistas, entre os que se atopaba Alarza, pero houbo unha certa relaxación e foron alcanzados polo segundo grupo. Así chega á segunda transición un grupo de máis de cincuenta deportistas, polo que todo se decidiu nos dez quilómetros de carreira a pe. E aquí, Alistair demostrou a superioridade de hai uns anos. Marchou con facilidade dende o inicio e deixou que un grupo de sete homes decidiran a loita polas medallas. O ruso Polyanskiy atacou en busca da prata e finalmente o bronce foi para Ricardo Hernández, por diante do noso Fernando Alarza. Aínda así, magnífico resultado para Alarza, que está a facer unha gran temporada.

 

E o campionato de Europa rematará o domingo 22 cos grupos de idade (distancia standard) e as probas de relevos júnior (13:00 horas) e sénior (15:30 horas). Os equipos están formados por catro deportistas (dous homes e dúas mulleres) que realizarán un mini-tríatlon. Os integrantes dos relevos non se coñecerán ata o día anterior pola tarde, despois de saber como remataron as probas individuais.

 

Quizáis che interese…

Galegos con maiúsculas

Galegos con maiúsculas

Antonio Serrat, Susana Rodríguez, Antonio Benito, Cidade de Lugo Fluvial, Pablo Dapena e as...