Nun día moi exitoso para o tríatlon galego (ouro de Susana Rodríguez, prata de Antonio Serrat e cuarto posto de Fernando Alarza no Campionato de Europa de Tríatlon) quedou hoxe nun segundo plano.Todo o tríatlon galego estaba pendente da evolución de Aída Valiño, que onte foi arrollada por unha furgoneta mentres adestraba cun grupo de deportistas. Así, a lucense tivo que pasar polo quirófano no hospital Meixoeiro de Vigo, e estase a recuperar das lesións provocadas polo atropelo.
Así, as medallas e o cariño de todas e todos os deportistas galegos tiñan unha destinataria clara: Aída Valiño. Dende a Federación Galega de Tríatlon queremos mandar unha mensaxe de cariño e ánimo para a deportista e desexarlle unha pronta recuperación. Ademais, recordar a todos os conductores a necesidade de conservar as distancias de seguridade cos ciclista.