FERNANDO ALARZA, NA SERIE MUNDIAL DE ESTOCOLMO

24 de Agosto de 2017

Esta fin de semana celebrarase unha nova proba das Series Mundiais de Tríatlon, nesta oportunidade en Estocolmo e será a penúltima proba antes da gran final de Rotterdam. Fernando Alarza acude a esta proba coa intención de puntuar e mellorar o seu peor quinto resultado, que é un noveno posto.

Hai que recordar que Alarza (deportista do Grupo de Alto Rendemento do CGTD e con licenza galega) tivo diferentes problemas nas últimas probas (caída, virus estomacal e unha avaría na bicicleta) que lle impediron loitar polo podio. Agora, a pesar dunha caída sufrida o pasado domingo mentres adestraba, Alarza confía en poder loitar polos primeiros postos para volver a estar entre os primeiros do Mundial (actualmente é cuarto clasificado).

Co dorsal número 1, estará na saída Mario Mola (líder provisional do Mundial), aínda que faltarán o ferrolán Javi Gómez Noya (que fixo unha exhibición en Montreal) e Richard Murray, 2º e 3º na clasificación mundial. Esta proba celebrarase sobre a distancia olímpica, é dicir, 1.500 metros de natación, 40 quilómetros de ciclismo e 10 de carreira a pe. A proba celebrarase o sábado 26 de agosto ás 15:06 e poderá seguirse a través da TVG-2.

 

 

 

 

 

Quizáis che interese…

Abu Dhabi e Quarteira

Abu Dhabi e Quarteira

O venres comezaba unha fin de semana intensa seguindo os triatletas internacionais galegos....