PABLO DAPENA DISPUTA O DOMINGO 27 O MUNDIAL DE LONGA DISTANCIA DE PENTICTON

24 de Agosto de 2017

O pontevedrés Pablo Dapena disputará o domingo 27 de agosto o Campionato do Mundo de Tríatlon de Longa distancia, que se celebrará en Penticton (Canadá), incluído no Festival Multideporte 2017. Despois dunha viaxe chea de imprevistos (retrasos nos vos e avións perdidos), o galego xa está en Penticton.

Será a primeira vez que Pablo dispute unha proba de longa distancia, aínda que esta tempada está moito máis centrado na media distancia e con magníficos resultados. Así, enfronta esta nova experiencia coa maior ilusión e gañas de facer un bo papel. No Mundial de Longa Distancia de Canadá, Dapena terá que facer 3.000 metros de natación, 120 quilómetros de ciclismo e 30 de carreira a pe.

Quizáis che interese…