FERNANDO ALARZA, PRATA EN YOKOHAMA E SEGUNDO NO MUNDIAL

13 de Maio de 2017

Fernando Alarza (Tri-Penta Terras de Lugo) acadou a segunda posición na terceira proba das Series Mundiais de Tríatlon, que se disputou hoxe en Yokohama, nun día de durísimas condicións climatolóxicas. O ouro foi para Mario Mola, mentres que Gómez Noya foi noveno.

14946593645866Dende o inicio, a choiva e o frío condicionaron a proba. A natación foi moi dura, cun auga moi fría e moitos golpes entre os participantes, pero Fernando logrou non perder demasiado tempo, o que lle permitiu meterse no grupo de cabeza da bicicleta. Cun tremendo chaparrón o obxectivo era non caer ao chan, e por iso os deportistas non arriscaron en exceso. Aínda así, un dos favoritos para loitar polo triunfo, o británico Jonathan Brownlee, caeu na bicicleta e perdeu todas as súas opcións de loitar polo triunfo. Mentres, o resto dos favoritos seguía metidos no grupo principal. 

Na T-2, cos dedos entumecidos, Fernando perdeu uns segundos que foron decisivos, e o deixou un pouco descolgado dos primeiros, pero facendo unha carreira a pe espectacular (logrou o mellor parcial) foi quen de ir remontando posicións ata case amenazar o ouro de Mario Mola (01:48:15). A prata foi para Alarza cun tempo de 01:48:23 e o bronce para o noruego Kristian Blummelfelt (01:48:26).

Con este resultado, Alarza se coloca na segunda posición da clasificación provisional do Mundial con 2.058 puntos, por detrás de Mario Mola (2.064) e por diante de Gómez Noya (1.862), que hoxe foi noveno.

Resultados Yokohama

 

 

Quizáis che interese…