RESULTADOS FINAL GALEGA DO DÚATLON ESCOLAR 2017

13 de Maio de 2017

O programa do dúatlon escolar chegou hoxe ao seu fin coa disputa da final galega en Tomiño, proba na que participaron 277 deportistas das categorías benxamín, alevín, infantil e cadete.

Os gañadores (individuais e clubs) das diferentes categorías foron:

Benxamín feminino: Lorena Patiño (Club Pinarium) e Náutico de Narón

Benxamín masculino: Damián Suárez (Natación Cedeira) e AD Fogar Carballo

Alevín feminina: Victoria Cons (Motobike Galaico) e Escola Javi Gómez Noya

Alevín masculino: Brais Picón (Arcade Inforhouse) e Escola Javi Gómez Noya

Infantil feminino: Elsa Pena (Cidade de Lugo Fluvial) e Cidade de Lugo Fluvial

Infantil masculino: Alexandre Álvarez (Natación Pabellón Ourense) e Escola Javi Gómez Noya

Cadete feminino: Noelia Serantes (Náutico de Narón) e Náutico de Narón

Cadete masculino: Jorge González (Natación Riveira) e Cidade de Lugo Fluvial

 

Quizáis che interese…