SUSANA RODRÍGUEZ GACIO, SEGUNDA EN YOKOHAMA

13 de Maio de 2017

Susana Rodríguez Gacio (Mar de Vigo) acadou a segunda posición na Serie Mundial de Paratríatlon de Yokohama, na categoría PTVI (para deportistas con discapacidade visual). Magnífico resultado para a viguesa que xa suma dous segundos postos nestas probas mundiais.

Susana, xunto a súa guía Mabel Gallardo, saíu da auga pòr detrás de Alison Patrick, que logrou unha importante vantaxe na natación (uns 40 segundos). A galega aí xunto a Melissa Reid, pero logrou despegarse dela na bicicleta, sector no que logrou unha pequena vantaxe para chegar a T-2 na segunda posición. No terceiro segmento, a galega aínda aumentou a distancia para chegar a meta con máis dun minuto de vantaxe sobre a británica, que foi bronce nos Xogos Olímpicos de Río. Desta forma, o ouro foi para Patrick, que fixo a carreira en solitario cun tempo de 1:07:19, con Susana Rodríguez na segunda posición (1:10:59) e bronce para Melissa Reid (1:12:01).

Quizáis che interese…

Abu Dhabi e Quarteira

Abu Dhabi e Quarteira

O venres comezaba unha fin de semana intensa seguindo os triatletas internacionais galegos....