FIN DE SEMANA DE ÉXITOS PARA O CIDADE DE LUGO FLUVIAL QUE ACADA O SEGUNDO DOBRETE

3 de Xuño de 2018

Foi a fin de semana perfecta para o Cidade de Lugo Fluvial, que hoxe volveu a facer dobrete no Campionato de España de Tríatlon Supersprint por Clubs en Mar de Pulpí. O Cidade venceu tanto na categoría masculina coma na feminina, polo que encabeza a clasificación da Liga Nacional de Clubs tamén en ambas categorías.

Feminina. Na categoría feminina, ademais do triunfo do Cidade (con María Rico, Iria Rodríguez e Saleta Castro como deportistas máis destacadas), tamén houbo outra medalla galega, o bronce para o Tríatlon Ferrol (con Inés Santiago ou Ana Carvajal, como triatletas mellor colocadas).

Ademais, en Segunda División feminina, triunfo (outra vez) do Náutico de Narón.

Masculina. Nova vitoria do Cidade de Lugo, con Antonio Benito e Andrés Cendán, como homes máis destacados. O rival máis duro foi, sen dúbida, o tamén galego Arcade Inforhouse, que finalmente ocupou a segunda posición por detrás dos lucenses.

Quizáis che interese…

Challenge Mogán Gran Canaria

Challenge Mogán Gran Canaria

LoChallenge Mogán Gran Canaria Mañá sábado 24 de Abril, Pablo Dapena e Ivan Raña competirán cos millores triatletas de...