FRANCIA DOMINA A COPA DE EUROPA DE PÉNTATLON MODERNO DE LUGO

19 de Decembro de 2015

A selección de Francia foi a dominadora da  Copa de Europa de Péntatlon Moderno youth A e youth B (xuvenil e cadete) que se celebrou hoxe en Lugo. Francia logrou o triunfo en tres das categorías, mentres que Portugal foi a gañadora en youth A feminino.

A Copa de Europa desenvolveuse nas instalacións municipais de As Pedreiras (piscina, pistas de atletismo e no módulo de atletismo). En total participaron case 100 deportistas, dos cales 23 eran galegos. Na categoría youth A masculina proclamouse gañador o francés Mourcia J. Baptish, que acadou un total de 1.185 puntos. A segunda posición foi para o catalán Joaquim Astor. Na categoría feminina, o triunfo foi para a portuguesa María Teixeira, mentres que a galega Aroa Freije rematou na cuarta posición. A nosa deportista estivo no segundo posto ata as últimas series da combinada, na que perdeu un par de postos. Aínda estamos no inicio da tempada e notouse nesta competición. Nesta categoría as e os deportistas realizan esgrima, natación e combinada.

Na categoría youth B masculina, vitoria para o deportista da selección francesa Killiam Perriir, mentres que o galego Javier Pena foi o mellor español, na quinta posición. Ademais, Martín Freije foi sétimo. Na proba feminina, cuarta posición para  Andrea Vidal, mentres que o triunfo foi para Enma Riff (Francia). A competición está formada polas probas de natación e combinada.

Ademais da Copa de Europa, celebrouse unha proba de categorías menores (prebenxamín, benxamín, alevín e infantil), co obxectivo de darlle as nosos deportistas unha competición máis na que poderán medirse a deportistas doutras comunidades.

En prebenxamín feminino, o podio foi galego con Mireia Vázquez (1ª), Mireia Vila (2ª) e Andrea Corral (3ª). En chicos, triunfo para el portugués Xabier Amorín, mentres que segundo foi o galego Héctor López e terceiro, Bruno Magdalena (tamén galego). En benxamín masculino o triunfo foi para Daniel Cotarelo, de Cantabria, e non se celebrou a proba feminina.

Podio galego en alevín feminino, con Claudia Gámez (ouro), Mercedes Vila (prata) e Ainhoa Corral (bronce). Na proba masculina, o triunfo foi para Antonio Teixeira (Portugal), acompañado no podio polos galegos Iván Redo (2º) e Óscar López (3º).

Finalmente, sinalar os triunfos lusos na categoría infantil: Diana Santos e Duarte Taleigo.

Cristóbal, sétimo en París. Cristóbal Rodríguez foi sétimo no mitin internacional de Péntatlon Moderno que se celebrou hoxe en París. O lucense fixo unha boa competición e iniciou a combinada na segunda posición, pero perdeu varios postos nesta modalidade deportiva. A pesar diso, non foi un mal resultado, nunha proba dun altísimo nival.

 

 

Quizáis che interese…