GALICIA PARTICIPARÁ NA COPA DE EUROPA YOUTH DE CATALUÑA DE PENTATLÓN MODERNO

23 de Abril de 2015

Seis deportistas galegos participarán o sábado 25 de abril na Copa de Europa Youth (categorías cadete e xuvenil) de Cataluña de Pentatlón Moderno, que se disputará na localidade de San Boi de Llobregat. Será a 21ª edición da proba internacional da vila de Sant Boi e contará coa participación de representantes de dez países europeos.

Aroa Freije (Tri-Penta Terras de Lugo) participará na categoría youth A, polo que terá que realizar as probas de natación, esgrima e combinada (tiro e carreira). Hai que recordar que Aroa acadou o título de campioa de Europa cadete o pasado ano precisamente nesta localidade catalá. Agora, nunha nova categoría inclúe a esgrima na competición, polo que é das máis pequenas e con menos experiencia, nunha tempada de aprendizaxe.

O galego Javier Pena (San Ramón de Vilalba) está inscrito na categoría youth B, coas modalidades de natación e combinada. Na categoría youth C competirán Andrea Vidal (Tri-Penta Terras de Lugo) e Martín Freije (Tri-Penta Terras de Lugo) que realizarán as probas de natación e combinada. E por último, na categoría youth D (equivalente a alevín), os representantes galegos serán Claudia Gámez (Tri-Penta Terras de Lugo) e Lucas Pena (San Ramón de Vilalba), que realizarán a competición de natación e combinada.

Por outro lado, destacar que Lugo albergará en agosto deste ano, a primeira proba internacional que se fará en Galicia de Pentatlón Moderno, sendo unha das cinco Copas de Europa do 2015, nesta aposta da Federación Galega polo pentatlón.

Quizáis che interese…

Política de cookies

Este sitio web usa cookies para que lle poidamos ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volve ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web lle resultan máis interesantes e útiles.