GÓMEZ NOYA E FERNANDO ALARZA, NA TERCEIRA PROBA DAS SERIES MUNDIAIS QUE SE CELEBRA EN GOLD COAST

9 de Abril de 2015

Os galegos Javier Gómez Noya e Fernando Alarza participarán esta fin de semana na terceira proba das Series Mundiais 2015, que se celebrará en Gold Coast (Australia). A proba masculina comezará o sábado 11 de abril ás 14:06 hora local, que serán ás 06:06 h. en Galicia (na madrugada de venres a sábado) e será retransmitida pola TVG cos comentarios do adestrador do Centro de Alto Rendemento do CGTD Omar González.

Os nosos deportistas chegan moi ben situados a esta cita. No caso de Javi, vai de menos a máis, despois dun comezo complicado en Abu Dhabi por culpa dunha lesión. En Auckland logrou unha segunda paza que lle deixou contento a medias (é segundo no Campionato do Mundo) e espera nesta oportunidade loitar polo triunfo. Pola súa banda, Fernando Alarza, deportista do Centro de Alto Rendemento do CGTD, chega a esta proba co número tres na bicicleta (terceiro na clasificación provisional do mundial) polo que está nunha nube e tremendamente motivado. Na primeira proba ocupou a sétima posición e na segunda foi cuarto, e facendo unha gran remontada. Ambos terán que enfrontarse aos mellores: Jonathan Brownlee, Mario Mola, Joao Silva o Richard Murray están dispostos a loitar pola primeira posición.

A proba de Gold Coast dispútase sobre a distancia olímpica. Así, os deportistas deberán nada 1.500 metros, facer 40 quilómetros de bicicleta nun circuíto bastante cómodo e rematarán con 10 quilómetros de carreira a pe.

Quizáis che interese…