GÓMEZ NOYA, PREMIO NACIONAL DO DEPORTE 2013

23 de Outubro de 2014

O triatleta ferrolán Javier Gómez Noya foi distinguido hoxe como Premio Nacional do Deporte 2013, que recoñeceu tamén a nadadora Mireia Belmonte, a traxectoria das seleccións femininas de baloncesto, a capitá de sincronizada, Ona Carbonell e o adestrador do Atlético de Madrid, Diego Pablo Simeone, entre outros.

O xurado dos premios, reunido este xoves no Consello Superior de Deportes (CSD), concedeu as distincións que entregará a Familia Real e que valoran as dúas medallas logradas por Mireia Belmonte nos mundiais de natación de Barcelona 2013, así como o título conseguido por Javier Gómez Noya no campionato do mundo do ano pasado.

Quizáis che interese…

Política de cookies

Este sitio web usa cookies para que lle poidamos ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volve ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web lle resultan máis interesantes e útiles.