GUSTAVO RODRÍGUEZ, BRONCE NO CAMPIONATO DE EUROPA DE TRÍATLON DE MEDIA DISTANCIA EN MALLORCA

21 de Outubro de 2014

O galego Gustavo Rodríguez (Cidade de Lugo Fluvial) logrou  a medalla de bronce no Campionato de Europa de Tríatlon de Media Distancia, que se disputou esta fin de semana en Mallorca. O deportista tudense realizou unha gran remontada no segmento de bicicleta que lle permitiu acadar ese posto no podio.

Máis de 1.100 deportistas participaron nas diferentes probas incluídas no calendario. En total, os deportistas tiveron que realizar 1,9 quilómetros de natación, 91 quilómetros de ciclismo e rematar con 21 quilómetros de carreira a pe.

O italiano Giulio Molinari logrou proclamarse campión de Europa de Media Distancia (04:07:38) con case cinco minutos de vantaxe sobre o segundo clasificado, o portugués Bruno Pais. A terceira posición foi para o noso deportista, Gustavo Rodríguez cun tempo de 04:14:15.

 

Quizáis che interese…

Montreal

Montreal

Montreal acolle unha nova cita das Series Mundiais e o Campionato do Mundo Junior de Tríatlon....