Javier Gómez Noya e Saleta Castro en Challenge Cancún

Gomez noya

30 de Abril de 2021

Despóis de varios días adestrando en Cozumel para adaptarse ás condicións que lle esperan nos xogos de Tokio, Javier Gómez Noya volta a competición no Challenge de Cancún. Unha proba de media distancia para intentar encontrar as sensacións ideais no proceso de preparación ideado para chegar nas mellores condicións ós Xogos Olímpicos de Tokio a mediados de Agosto.

O domingo 2 de Maio ás 13:30 hora española é o turno de Gómez Noya no Challenge de Cancún, con 1900 metros de natación, 90kms de bicicleta e 21 kilómetros de carreira a pé.

gomez noya en cancun

Na proba feminina participa a galega Saleta Castro, aproveitando a súa estancia en Cozumel co grupo de adestramento de Gómez Noya.

Saleta Castro en Cancún

Podes ver a retransmisión no canal de streaming da web oficial do evento.

Quizáis che interese…