GRAN ACTUACIÓN DE SALETA CASTRO E AÍDA VALIÑO NO 70.3 DE LANZAROTE

20 de Setembro de 2015

Magnífico o papel desenvolvido por Saleta Castro e Aída Valiño no 70.3 de Lanzarote celebrado onte 19 de setembro. Era unha proba importante para Aída, que está regresando á competición despois do segundo atropelo en menos dun ano, e a galega está amosando un espíritu incrible. En Lanzarote foi cuarta, por detrás de Saleta Castro, que logrou un posto no podio.

O triunfo, incontestable, foi para a británica Jodie Swallow, que liderou a proba dende a natación e xa non abandonou este posto de honra. Chegou a meta cun tempo total de 4:29:48. A segunda posición foi para a francesa Jeanne Collonge, a máis de dez minutos. Por detrás, preciosa loita polo terceiro posto entre as dúas galegas. Aída Valiño baixou da bicicleta na terceira posición, pero Saleta foi recuperando tempo e logrou superar a súa compañeira e amiga, para conseguir ese bronce (4:55:05). A cuarta posición foi para Aída Valiño cun tempo de 4:58:32.

.

Quizáis che interese…