Gran fin de semana deportivo

FIN DE SEMANA

18 de Maio de 2021

Esta fin de semana estivo marcada pola multitud de eventos para a Federación Galega de Tríatlon. Estivemos en moitos frentes, empezando a madrugada do sábado con Antonio Serrat e o inicio da tempada das series mundiais de Tríatlon en Yokohama. Unha proba durísima onde o galego fixo un moi bo papel entrando na posición décimo quinta.

antonio serrat en yokohama

Despóis de madrugar para ver a carreira de Yokohama, algúns membros da Federación tiveron que viaxar ata Extremadura para a disputa do Tríatlon Puerta Palmas de Badajoz, proba clasificatoria para os juniors e outros, achegáronse ata Ribadeo, onde se disputou o Half Tríatlon de Ribadeo.

En Ribadeo disputábanse dúas probas de tríatlon. Un Olímpico e un media distancia cun día bastante desapacible, onde os participantes tiveron que loitar contra as inclemencias do tempo.

triatlon ribadeo

Na distancia olímpica a victoria na categoría masculina foi para Facundo Medard do Tríatlon Arteixo, por diante de Luis Fernández e Unai Aguirrezabala.

triatlon ribadeo

Na categoría feminina a victoria foi para Maria Vilas do clube Tríatlon Ondarreta, por diante de Cristina Torres e Andrea Iglesias.

triatlon ribadeo

Na proba Half masculina a victoria foi a manos de Cristobal Dios do Tri-Penta Terras de Lugo, por diante de Francesc Artigues e Damián Martínez.

triatlon ribadeo

En na categoría feminina, Carolina Laurentiu do Tríatlon Valladolid acadou a victoria por diante de Luisa Ibañez e Milagros Garcia.

Podes consultar todas as clasificacións a través do seguinte enlace -> CLASIFICACIÓNS HALF TRÍATLON RIBADEO. 

De reollo, esperábamos noticias dende Pamplona, onde a parella Gustavo Rodríguez e Aida Valiño competían no Half Tríatlon Pamplona – Iruña. E como non podía ser de outra maneira, as noticias foron excelentes coa victoria de Gustavo Rodríguez e un segundo posto da galega Aida Valiño.

half triatlon pamplona aida
half triatlon pamplona gustavo

A tarde do sábado foi o turno para Sara Guerrero que competía na Copa de Europa de Caorle. Unha proba de moito nivel, onde a galega do Náutico de Narón acadou a posición 26.

Sara Guerrero en Caorle

 

O domingo prometía para os máis xóvenes en Badajoz e así foi. Unhas probas explosivas nun formato supersprint, onde Esteban Basanta do Cidade de Lugo Fluvial acadou a segunda posición e todo o equipo feminino do Cidade de Lugo Fluvial acaparou as tres primeiras posicións no podio, onde as galegas Elsa Pena e Natalia Castro entraron na terceira e cuarta posición respectivamente.

juniors en badajoz

Pero esta fin de semana era longa en Galicia. O lúns celebrábase o Día das Letras Galegas en honra a Xela Arias, e os membros da Federación Galega, desprazáronse ata o Concello de Zas, onde celebramos o II Dúatlon Cros das Letras de Baio.

Victoria para Mar Delgado do Tríatlon Ferrol e Marcos Mayo o Tríatlon O Treito.

duatlon cros das letras de baio

duatlon cros das letras de baio

CLASIFICACIÓNS II DÚATLON DAS LETRAS DE BAIO

Ademáis tivemos encontro de menores no Concello de Arteixo e no Concello de Pereiro de Aguiar.

Unha fin de semana con moitas probas de tríatlon e dúatlon no formato de deporte seguro.

Moitas grazas a todos os galegos que competistes nas diferentes probas e esperamos seguir disfrutando das competicións durante todo este ano que todavía queda moito.

A seguir entrenando.

 

Quizáis che interese…