GUSTAVO RODRÍGUEZ ACADA O TÍTULO NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE DÚATLON DE MEDIA DISTANCIA

5 de Marzo de 2017

Gustavo Rodríguez (Tri-Penta Terras de Lugo) acadou hoxe en Orihuela (09:00 horas) o título de campión de España de Dúatlon de Media Distancia, nunha proba que se decidiu na bicicleta.

O galego, cun gran traballo, fixo un bo primeiro segmento de carreira, ao rematar os 14,9 quilómetros de carreira a pe na terceira posición por detrás de Víctor del Corral e Josep Torres. Quedaban por diante 66 quilómetros de bicicleta, a súa especialidade, e Gustavo atopouse moi ben e logrou remontar posicións e marcar diferenzas para chegar a T-2 con case cinco minutos de distancia sobre o segundo clasificado. Así, os últimos 8,1 quilómetros de carreira a pe se fixeron moito máis liviáns, a pesar do cansazo acumulado, coa tranquilidade de saber que contaba cunha importante vantaxe.

Desta forma, o título foi para o tudense Gustavo Rodríguez (Tri-Penta Terras de Lugo), que o pasado ano xa vencera nesta mesma proba en Orihuela, cun tempo de 02:59:32, mentres que a segunda posición foi para Víctor del Corral (03:04:44) e terceiro, moi preto, chegou Rubén Peñuela (03:04.57). Ademais, hai que destacar que Cristóbal Dios (Tri-Penta Terras de Lugo) ocupou a 16ª posición (03:13:54).

 

 

 

 

Quizáis che interese…