SARA GUERRERO E BRAIS CANOSA REINAN NO DÚATLON CONCELLO DE RIVEIRA MEMORIAL JESÚS E VICENTE

5 de Marzo de 2017

Sara Guerrero (Náutico de Narón) e Brais Canosa (Arcade Inforhouse) proclamáronse hoxe vencedores do  Dúatlon Concello de Riveira Memorial Jesús e Vicente, terceira proba do Circuíto Galego de Dúatlon de Estrada 2016.

Na categoría feminina, Sara Guerrero foi a mellor dende o inicio, ao liderar o primeiro segmento de carreira a pe. Por detrás, Iria Fernández (Arcade Inforhouse) a doce segundos e Marina Castro (Náutico de Narón) a 47 segundos. No ciclismo, Guerrero foi quen de manter a distancia e no terceiro segmento so tivo que confirmar a súa vitoria cun tempo final de 01:06:24. Por detrás, moi poucos cambios: Marina Castro ocupou a segunda posición (01:07:46) tras unha moi boa bicicleta, mentres que Iria Fernández foi bronce (01:10:31).

Na proba masculina as cousas estiveron moito máis apertadas dende o inicio. O primeiro segmento rematou con Brais Canosa en cabeza, pero seguido moi de preto por varios deportistas (Jorge González, Elpidio Gómez, Juan Sebastián Díaz, entre outros). E así continuou a proba cunha bicicleta axustada, o que permitiu chegar ao final con varios deportistas con opcións de loitar polo triunfo. Desta forma, todo se decidiu no último segmento da carreira a pe, no que Brais Canosa foi o máis rápido no final e acadou o triunfo cun tempo de 58:32. A segunda posición foi para Francisco Cendán (Talleres David Tríatlon Compostela) a dez segundos e o terceiro posto foi para Jorge González (Natación Riveira) cun tempo de 58:47.

Os vencedores noutras categorías son:

  • Cadete: Irene Mera (Náutico de Narón) e Jorge González (Natación Riveira)
  • Júnior: Emma Romeo (Tríatlon Ferrol) e Antonio Souto (Independente)
  • Sub 23: Sara Guerrero (Náutico de Narón) e Francisco Cendán (Talleres David Tríatlon Compostela)
  • Veterán 1: Paloma Herbello (Arcade Inforhouse) e Elpidio Gómez (Lamargha-Tríatlon Beariz)
  • Veterán 2: Laura López (Tri Ourense) e Jesús Rego (Tri-Penta Terras de Lugo)
  • Clubs: Náutico de Narón (feminino) e Artrogal Tri-498 (masculino)

O Circuíto Galego de Dúatlon de Estrada 2017 está formado por cinco   probas: Guitiriz, Cidade de Lugo, Riveira, Santiago e Arteixo. Está en  xogo a clasificación para o Galego de Dúatlon, que se celebrará en Vigo o 9 de abril. Cristina Torres (Mar de Vigo) e Manuel Ángel Penas (Tríatlon Arteixo) proclamáronse vencedores do XI Dúatlon Concello de Guitiriz, mentres que en Lugo gañaron Melina Alonso (Tríatlon Ferrol) e Andrés Cendán (Cidade de Lugo Fluvial).

DUARIVEIRA 2017 DEFINITIVA

Quizáis che interese…

Oleiros é Tríatlon

Oleiros é Tríatlon

[Actualizado 13:00 01 de Junio de 2021] Xa temos os gañadores e as clasificacións do Tríatlon de...