GUSTAVO RODRÍGUEZ, CAMPIÓN DE ESPAÑA DE TRÍATLON DE LONGA DISTANCIA EN ARRECIFE

1 de Novembro de 2014

Gustavo Rodríguez (Cidade de Lugo Fluvial) logrou hoxe en Arrecife (Lanzarote) proclamarse campión de España de Longa Distancia e gañador da quinta edición da Ocean Lava Arrecife Lanzarote Triathlon. Espectacular tempada a do galego que suma este título á medalla de bronce no Europeo de Tríatlon de Media Distancia.

Na natación, como é habitual en el, foi onde perdeu máis tempo. Saíu da auga destacado Víctor Manuel González, mentres que Richard Calle (campión de España 2013) tamén fixo un bo rexistro. Así que a Gustavo lle tocaba remontar posicións e iso foi o que fixo no segmento de bicicleta ata acadar o liderato. Pola súa banda, Víctor del Corral foi reducindo diferenzas con respecto á cabeza de carreira ata alcanzar a Gustavo Rodríguez. Desta forma, del Corral comezou a carreira a pe como líder en solitario, pero tivo que retirarse con problemas físicos e Gustavo atopouse cun final de proba moito máis sinxelo do esperado. Chegou a meta na primeira posición cun tempo de 6 horas, 19 minutos e 18 segundos. Nicholas Ward (Triactiv Lanzarote) na súa volta a Lanzarote, facía o segundo posto da Ocean Lava Arrecife Lanzarote Triathlon cun crono de 6:24:50. O podio da categoría masculina completábase co terceiro posto de Paul Santos (6:35:48). En canto ao Campionato de España de Longa Distancia, Gustavo Rodríguez é o novo campión nacional, estando franqueado no podio por Paul Santos e Alejandro Jiménez, respectivamente.

Os percorridos desta durísima proba foron de 3.000 metros de natación con saída dende a praia do Reducto, 120 quilómetros de bicicleta por paraxes espectaculares (Femes ou  Timanfaya) e 30 quilómetros de carreira a pe.

 

 

Quizáis che interese…